RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: Preparamos o partido a conciencia para estar á altura da nosa afección

Víctor Sánchez do Amo calificó esta mañana na sala de prensa de Abegondo o derbi de mañana sábado ante o RC Celta (22.05, TVE1) como "un partido moi especial". Así pois, o técnico deportivi

Vaticina un partido "complicado, porque enfronte hai un equipo que está a facer as cousas moi ben, pero nós tamén confiamos nas nosas posibilidades, nas nosas capacidades, e imos ir a desenvolvelas".

Neste tido de derbis, defende Víctor que "tan importante é esa motivación, esas ganas, esa paixón no xogo como o control, como porlle cabeza. Hai unha frase que lle dicimos aos xogadores, que 'hai que empuxar co corazón e dirixir coa cabeza'. Nestes partidos o corazón empuxa moitísimo por ese compoñente emocional que teñen os derbis, pero temos que facerlle moito caso a nuevacabeza, para que toda esa forza, esa enerxía que che leva pola paixón do partido, non sexa mal xestionada e léveche a situacións de precipitación ou situacións conflitivas".

Pola súa banda, Sidnei Rechel, tamén en sala de prensa, cre que o encontro ante o RC Celta "é un partido especial, unha xornada diferente. Estamos a vivir unha semana moi intensa porque sabemos a importancia deste partido".


O defensor deportivista opina que o Celta "nos vai a esixir moito. Temos que estar moi concentrados para facer un bo traballo. Eles teñen grandes xogadores que poden marcar a diferenza".

O apoio que recibiu onte en Riazor o equipo por parte duns 1.500 afeccionados, a xuízo de Sidnei, é "moi importante. Motívanos moito máis. Con este apoio seguro que mañá imos estar moito máis fortes".