RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor prudente ante o Levante: 'Calquera equipo pódelle gañar a calquera'

Víctor Sánchez do Amo explicó esta mañana na sala de prensa de Riazor que "viaxan (mañana venres a Valencia) todos os xogadores que están de alta médica. Temos que facer mañana un adestramento t

Sobre a convocatoria dos dous porteiros do Fabril (David e Anxo), asegura o técnico deportivista que "está planificado para que poidan regresar os dous", a tempo para estar ás ordes de Manuel Mosquera, para o partido do filial deportivista en Barbadás, o domingo a partir das 16.15 horas.

Da lesión muscular de Alberto Lopo, confesa Víctor que "agora somos máis optimistas coa evolución que está a ter. Pode ser que co parón teñámolo perfectamente recuperado para a próxima xornada e que só se perda un partido.
No caso de Luisinho, ten molestias nos isquiotibiais (sobrecarga), non puido adestrar os dous últimos adestramentos e ao estar de baixa non pode estar convocado".

Do partido deste sábado 7 de novembro (18.15 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) no Ciutat de Valencia ante o Levante, Víctor insiste en que "nos preparamos parar xogar contra o Levante, non pensando no que xa pasou", caso por exemplo do partido de Málaga na Rosaleda fai quince días. "Non comparamos ao Levante cos rivais anteriores. Estudamos ao Levante", sostén.

Admite Víctor que todos os cambios de adestrador, como o que acaba de pasar no Levante, "provocan unha activación de todos os xogadores polo propio cambio. Un equipo que realiza un cambio de adestrador a dez xornadas do inicio é porque as cousas non están a funcionar ben".

Neste sentido, lembra que o Levante, pechacancelas nestes momentos da liga BBVA, "en calquera momento pode reaccionar. Todos os equipos que andan nunha serie negativa en calquera momento poden reaccionar porque todos son equipos de Primeira División, todos teñen xogadores de moita calidade e teñen capacidade para gañar a calquera, dá igual a posición na que esteas na clasificación. Calquera equipo pódelle gañar a calquera. Por iso nós sempre nos preparamos tratando de esperar á mellor versión dos rivais".

Destaca Víctor do conxunto granota o desequilibrio e o perigo ofensivo de xogadores como Deyverson, Casadesús, Roger, Rubén, Morais... "xogadores moi interesantes, e un bloque defensivo moi sólido con moita experiencia. Co cambio de adestrador pasaron a xogar un 4-1-4-1, que lles dá outra versión, con outras alternativas".