RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor recoñece que ''para nós este partido tiña moita complicación''

  Víctor Sánchez do Amo manifestó en rolda de prensa que "para nós este partido tenía moita complicación. O rival xa anticipa que para eles non hai nada en xogo, que lle dan importancia á liga, veñen aq

Insiste o técnico deportivista que "a experiencia me di que ese tipo de situacións son moi perigosas porque convidan o descoido, á relaxación. O ambiente no campo loxicamente non é un partido que enganche á afección para ter un ambiente como a nós gústanos e como por sorte estamos adoitados esta tempada en Riazor".

Ademais, subliña que a Llagostera "competiu moi ben, estivo moi ordenado, defenderon moi ben, xeráronnos dificultade porque este tipo de partidos require de paciencia, velocidade na circulación de balón".

 
Pola súa banda, o adestrador do Llagostera, Oriol Alsina, destacou que para o seu equipo, empatar en Riazor "é como para o Dépor empatar o outro día no campo do Barcelona”.
 
A pesar de todo, o técnico visitante mostrouse contrariado pola eliminación, aínda que engadiu que “xogar este partido contra estes xogadores, neste escenario, nesta cidade, contra este club, para o Llagostera isto queda para a historia”
 
Por último, fixo unha chiscadela ao conxunto coruñés de face ás próximas eliminatorias. “Sería importantísimo que o Dépor gañase outra final de Copa para poder dicir que nos eliminou o campión”, concluíu.