RCD / NOVAS

Víctor Sánchez do Amo e Laure aseguran que o Dépor espera mañá atoparse ao mellor Barça

Víctor Sánchez do Amo, técnico do Deportivo, e Laure, un dos capitáns, confirmaron esta mañana na sala de prensa de Riazor que o equipo deportivista preparó a visita de mañana sábado (18.30 horas, Canle + 1) ao Camp Nou coa mente posta en que enfronte estará o mellor Barcelona, a pesar de ser xa campeón de Liga.

22/05/2015 21:05

Nesta liña, Víctor manifestou que "nós esperamos o mellor Barça. E así nos preparamos. Preparámonos analizando ao mellor Barça, porque independentemente do seu once titular, os xogadores que disputaron menos minutos non teñen esa categoría de estrelas internacionais pero por suposto son grandísimos futbolistas, de grandísima calidade e de magnífico rendemento. Por éso están no Club no que están. Temos que respectalos ao máximo a todos. Preparamos o partido non por nomes, senón pola categoría do Club ao que nos enfrontamos".

Desvelou que "estamos coa ilusión de que chegue o momento do partido porque a nosa profesión está marcado así. O maior soño dun futbolista é poder xogar partidos importantes nos que dependa de si mesmo para conseguir logros importantes. O destino marcounos que temos esa oportunidade e ese dereito que nos dá loitar pola permanencia dependendo de nós mesmos".

Asegura Víctor que "a nosa afección é fundamental. E amámola. Os que pertencemos este Club témolo clarísimo porque o vivimos. Deunos tanto a nosa afección que todo o que lle devolvamos é pouco".

Pola súa banda, Laure subliñou que "a nosa idea é que van xogar todos. Daquela oxalá que nos levemos algunha sorpresa. Nós temos que utilizar as nosas armas. Vai ser un partido duro pero non imos dar ningunha xogada por perdida".

Recoñeceu o lateral deportivista que "estamos todos cunha ilusión tremenda porque preparamos ben o partido e temos as nosas opcións".

Máis novas de: VÍCTOR SDA, LAURE