RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor solicita unidade, porque ''estando unidos é como imos ser máis fortes''

Víctor Fernández solicitó en rolda de prensa esta mañana, ante o partido en Riazor fronte ao Elxe (luns 15 de decembro, 20.45 horas), "unidade. Temos que estar unidos. Estando unidos é como imos ser más fortes. Send

No plano deportivo, explicou que Sidnei non realizou completo todo o adestramento desta mañá en Abegondo porque os técnicos non queren correr ningún risco no seu estado físico. Onte, o central deportivista realizou un traballo de ximnasio preventivo, posto que arrastra algunha molestia nos isquiotibiais.

Do Elxe, Víctor destacou ao seu técnico, Fran Escribá, "unha persoa moi preparada"; e ao seu dianteiro Jonatas, "unha das revelacións da liga".

Por outra banda, Medunjanin, tamén na sala de prensa de Abegondo, cre que "mañá xogamos contra o noso directo rival. É un partido moi importante. Xogamos en casa e temos que gañar si ou si".


O internacional bosníaco, que acaba de participar no último Campionato do Mundo en Brasil, fixo autocrítica e admitiu que non está a xogar ben: "Estou mal. O último partido non xoguei ben. E dóeme éso. Cheguei aquí para axudar a este equipo e as cousas non saen. Veño adestrar para mellorar e cando as cousas non saen no partido doulle moitas voltas en casa".