RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor tamén será baixa ante o Olympiacos

A mala sorte cebouse co Deportivo. Víctor Sánchez será baixa ante o Olympiakos debido a unha tendinite nos isquitibiales. O doutor César Cobián estima que en tres ou catro días de tratamento poderase incorporar de novo ao resto do grupo.

Por outra banda, o médico deportivista manifestou que esta mañá se lle realizou a Mauro Silva unha resonancia magnética na que se confirmou que non había rotura fribilar no sóleo no que notou onte unha picada no transcurso do encontro ante Osasuna. "Vai tardar como mínimo tres semanas en adestrar con normalidade tendo en conta que con el hai que tomar máis precaucións pola súa idade...", engadiu Cobián.
De Duscher, que onte sufriu unha escordadura no ligamento lateral interno dunha dos seus xeonllos, Cobián indicou que a súa evolución "foi moi boa", aínda que estimou o seu tempo de regreso aos adestramentos en "un dez días".
Cobián destacou que Fran xa traballou hoxe con normalidade e que Capdevila tamén está plenamente recuperado dunha dor que sufría nun nocello.