RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: Temos 37 puntos e estamos moi contentos porque nolos traballamos todos

Víctor Sánchez do Amo felicitó na sala de prensa de Balaídous aos seus xogadores "porque fomos superiores no tempo que estivemos once contra once, sobre todo na primeira metade".

Subliña que "a imaxe do equipo foi moi boa. Tivemos moitas opcións de gañar o partido. O equipo foi competitivo unha vez máis contra un rival que está en moi boa forma e que está a pelexar polos postos europeos".

En resumo, para Víctor, "temos 37 puntos e estamos moi contentos porque nolos traballamos todos. Ao longo da tempada non tivemos ningún golpe de fortuna".

Cre o técnico deportivista que houbo unha xogada "clave que marcou o devir do partido. Unha acción moi clara de segunda amarela seguro senón vermella polo golpe que lle deu Wass na cara a Fernando Navarro. Non tivo unha aplicación no regulamento e puidemos pasar a quedarnos cun xogador máis nós".

Asegurou que o cambio na segunda metade de Sidnei estaba programado, para evitar calquera risco co futbolista, que saía dunha lesión.