RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Victoria de oficio do Cadete A, que segue o ronsel do Celta

O Cadete A derrotou a base de oficio (4-0) en Abegondo ao CD Conxo Santiago, en partido correspondente á 16ª xornada da División de Honra. Trilli, Hugo Suárez -2- e Axel foron os goleadores branquiazuis deste choque disputado baixo a choiva a maior parte.

Con este marcador, o conxunto deportivista é segundo na táboa con 41 puntos e segue o ronsel do líder, o RC Celta, que ten 42 puntos.

Cadete A: Brais, Trilli, Mauro, Carracedo, Dani Barcia, Nils, Antón, Noel, Braojos, Hugo Suárez e Axel. Tamén xogaron: Jairo, Padín e Abele.

A próxima fin de semana, o Cadete A pecha o ano 2018 en Ourense ante o Pabellón CF.

A liga marcha así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:

Cadete A 1 (Dani Barcia) - Ural 0
Coruxo 1 - Cadete A 2 (Yago e Axel)
Cadete A 4 (Axel, Padín, Hugo e un futbolista rival en propia meta) - Lugo A 0
Ourense CF 0 - Cadete A 3 (Noel -2- e Axel)
Cadete A 2 (Padín e Jairo) - Celta 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Hugo -3-, Nils, Padín e Axel)
Cadete A 5 (Nils -3- e Padín -2-) - Racing de Ferrol 0
Victoria CF 0 - Cadete A 1 (Padín)
ED Val Miñor Nigrán 3 - Cadete A 3 (Noel, Padín e Jairo)
Cadete A 1 (Dani Barcia) - CD Calasanz 3
San Tirso SD A 0 - Cadete A 3 (Jairo e Padín -2-)
Cadete A 5 (Iago, Nils, Noel -2- e un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 1
CD Areosa 1 - Cadete A 1 (Axel)
Cadete A 6 (Braojos, Novoa, Hugo Suárez, Padín -2- e Nils) - Bergantiños CF 0
UD Santa Mariña 0 - Cadete A 7 (Dani Barcia, Nils, Noel, Padín, Hugo Suárez -2- e Abele)
Cadete A 4 (Trilli, Hugo Suárez -2- e Axel) - CD Conxo Santiago 0