RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Victoria do Alevín A onte xoves que abre a fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O Alevín A abriu onte xoves 5 de marzo con triunfo ante o Oza Juvenil SD (0-9), o calendario de partidos oficiais desta semana en #ANOSACANTEIRA. O encontro corresponde á xornada da pasada semana, 4ª, do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Para a fin de semana quedan o resto de encontros, con só 2 na Cidade Deportiva: o Xuvenil A mañá sábado 7 ás 16:30 ante o Real Oviedo; e o Xuvenil B o domingo 8 ás 12:00 fronte ao CVC Valladares.

En Terceira División, o Fabril visita ao UD Somozas o domingo 8 ás 17:00 horas. Os fabrilistas, após o empate do pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o Bergantiños CF, buscan os 3 puntos que lles permitan achegarse a posicións de playoff de ascenso a Segunda División B.

Mañá sábado 7, ademais dos alevíns e benxamins na Torre, o Cadete B mídese na Gándara 2 ao Racing de Ferrol (16:00 horas) e o Infantil B ao Victoria CF B (18:00 horas) no campo coruñés da Leyma.

Teñen parón ligueiro esta fin de semana o Deportivo ABANCA B, Cadete A e Infantil A.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
27ª xornada: UD SOMOZAS - FABRIL, o domingo 8 de marzo ás 17:00 no campo Alcalde Manuel Candocia (As Somozas)
Clasificación: ... 4. CD Barco, 44 puntos; 5. CSD Arzúa, Fabril e CD Choco, 40 puntos; 8. UD Ourense, 37 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 3. Victoria FC e Oviedo Moderno CF B, 37 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 33 puntos; 6. CD Valladares, 32 puntos; 7. Sporting de Gijón B, 27 puntos...

Categoría xuvenil
25ª xornada: XUVENIL A- REAL OVIEDO, o sábado 7 de marzo ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 59 puntos; 3. Xuvenil A, 42 puntos; 4. Real Racing Club, 41 puntos; 5. Bansander, 39 puntos...

24ª xornada: XUVENIL B - CVC VALLADARES, o domingo 8 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 61 puntos; 2. Xuvenil B, 49 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 48 puntos; 4. CD Choco, 43 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 70 puntos; 2. RC Celta, 64 puntos...

24ª xornada: RACING DE FERROL B - CADETE B, o sábado 7 de marzo ás 16:00 na Gándara 2 (Ferrol)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 58 puntos; 2. SD Compostela, 52 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da Fase polo Título Galego: 1. Infantil A e RC Celta, 21 puntos; 3. CD Areosa, 16 puntos...

25ª xornada: VICTORIA CF B - INFANTIL B, o sábado 7 de marzo ás 18:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 66 puntos; 2. Ural CF B, 57 puntos...

Categoría alevín
4ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - ALEVÍN A 9 (Leandro -2-, Borja -2-, Xabi, Marcos, Diego, David e Janusz)
5ª xornada: ALEVÍN A - SDCyR NARÓN O FREIXO, o martes 10 de marzo ás 19:15 en Abegondo
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín A, Ural CF A e Atlético Coruña Montañeros CF A, 12 puntos; 4. EF Racing de Ferrol A e Galicia Caranza, 7 puntos...

13ª xornada: ALEVÍN A - OUTES FC B, o sábado 7 de marzo ás 12:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da liga Comarcal: 1. Alevín A, 33 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF A, 29 puntos...

Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN B 3 (Paulo, Íker e Mario Camba) - SELECCIÓN DO BARBANZA 3
12ª xornada: ALEVÍN B - IMPERÁTOR OAR C, o sábado 7 de marzo ás 13:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primeira C: 1. Alevín B, 33 puntos; 2. Victoria CF C, 27 puntos...

Categoría benjamín
13ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF A, o sábado 7 de marzo ás 12:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da liga Comarcal: 1. Benxamín A, 36 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz A, 33 puntos...

Amigable, xogado o pasado martes: BENXAMÍN B 12 (Thiago -4-, Javi Barral -2-, Yael -2-, Mario -2-, Íker e Mateo) - SELECCIÓN DO BARBANZA 3
12ª xornada: VICTORIA CF B - BENXAMÍN B, o sábado 7 de marzo ás 13:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira C: 1. Benxamín B, 33 puntos; 2. Victoria CF B, 23 puntos...