Victoria do Alevín A para pechar o grupo A do Torneo A Coruña - As Mariñas
O Alevín A pechou cunha nova vitoria ante La Paz CF B (13-1) o seu participacion no grupo A do Torneo A Coruña - As Mariñas.
Xabi -4-, Nico Ruiz -3-, Yago, Marcos, Janusz, Leandro, Diego e Pablo foron os goleadores branquiazuis.
Con este resultado, o Alevín A sumou 9 puntos de 9 posibles e finalizou en 1ª posición do grupo.
Alevín A: Rodrigo, Pablo, Diego, Janusz, Xabi, Leandro, Nico Ruiz e Marcos. Tamén xogaron: Yago e Joel.
Nos próximos días, o Alevín A coñecerá ao rival na primeira eliminatoria de acceso á Liga Comarcal.
Os resultados do Alevín A no grupo A do Torneo A Coruña - As Mariñas foron os seguintes:
CD Calasanz C 1 - Alevín A 5 (Guillermo, Mosquera -2-, Rubén Trillo e Lucas) Ural CF B 0 - Alevín A 10 (Pablo -2-, Rubén -2-, Nico Ruiz -2-, Lucas -2-, Frank e Janusz) Alevín A 13 (Xabi -4-, Nico Ruiz -3-, Yago, Marcos, Janusz, Leandro, Diego e Pablo) - La Paz CF B 1