RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Victoria do Cadete en Bertamiráns no último partido de pretemporada

O Cadete gañou pola mínima (0-1) ao Bertamiráns FC no último test de pretemporada. Jorge García foi o autor do único tanto do partido.

Cadete: Román, Hugo Torres, Adrián González, Lucas Taibo, Pablo Parada, Dani Estévez, Guerrero, David Carballo, Manu Ferreiro, Luis Viñas e Jorge García. Tamén xogaron: Yago Moreira, Ayana, Diego Miranda, Noe, Zoe e Iratiz.

A pretemporada transcorreu así para o equipo de Darío Cotelo:

Torneo MS2 Cup (Mondariz): Cadete 3 (Lucas Taibo e Adrián Guerrero -2-) - AJ Lérez 0
Torneo MS2 Cup (Mondariz): Cadete 3 (Noe Carrillo, Adrián Guerrero e Iraitz) - Rápido de Bouzas 0
Torneo MS2 Cup (Mondariz): Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta) - ED Xuventude de Oroso 0
Torneo MS2 Cup (Mondariz): Cadete 1 (Juan Barros) - RC Celta 0
IV Memorial Marcos Gómez (Viveiro): Viveiro CF (xuvenil) 0 - Cadete 2 (Noe e Jorge)
Amigable: Cadete 7 (Guerrero -3-, Jorge García, Luis Viñas e Iraitz -2-) - CD Calasanz B (xuvenil) 1
Amigable: SD O Val 0 - Cadete 8 (Guerrero -2-, Jorge García -2-, Juan Barros, Oreiro, Luis Viñas e Iraitz)

Amigable: Bertamiráns FC 0 - Cadete 1 (Jorge García)

Arrinca fronte ao CD Calasanz a División de Honra

O Cadete quedou encadrado no subgrupo A de a División de Honra, categoría na que esta temporada defenderá o título de campión.

Compoñen o subgrupo estes equipos: Ural Español CF, CD Calasanz, Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Galicia de Caranza, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Bergantiños CF, CD Lugo, ED Xuventude de Oroso e Bertamiráns FC.

O primeiro partido será en Abegondo fronte ao CD Calasanz o vindeiro sábado 2 ou o domingo 3 de outubro (pendente de confirmación).