RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vida Móvil, patrocinador de Víctor García para esta temporada

A previa do Dépor-UD Sanse estivo marcada hoxe pola presentación do patrocinio que loce esta temporada nas súas costas Víctor García, o de operadora de telefonía Vida Móvil, que ademais de o futbolista valenciano, hoxe patrocina o choque en ABANCA-RIAZOR.

Os responsables de Vida Móvil visitaron, acompañados polos invitados correspondentes como patrocinadores do encontro, as instalacións branquiazuis na previa do partido, aproveitando para a entrega simbólica da súa camiseta para esta temporada co patrocinio persoal que lucirá durante toda a campaña a Víctor García. Vida Móvil é un servizo de telefonía nacional, que tenta diariamente levar un servizo excelente e profesional a todo o país. Utilizando tecnoloxía de punta, buscan ofrecer un servizo de calidade inigualable, cunha velocidade única e beneficios marabillosos que se poden coñecer en: https://vida-movil.es/

Ademais de a elástica de xogo, a firma patrocinadora tamén aparece nas aliñacións dos partidos oficiais, tanto en redes sociais como en vídeomarcadores, na páxina do xogador na web do Club e no micrófono de sala de prensa durante as súas comparecencias. A estes soportes dixitais uniranse varias actividades co futbolista ao longo da temporada, tanto nas instalacións do propio patrocinador como nas do RC Deportivo. Os sponsors tamén terán a oportunidade de ser patrocinadores dun dos partidos da temporada en ABANCA-RIAZOR, como o caso hoxe de Vida Móvil.

Todos os detalles deste novo patrocinio para as empresas que queiran completar a lista de patrocinadores de Os Nosos nesta temporada 2021-2022 poden consultarse ao departamento comercial do Club en comercial@rcdeportivo.es.