RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vídeo, rondos e fútbol-tenis, tarefas hoxe do Dépor en Abegondo

O Deportivo, hoxe cos fabrilistas Adri Castro e Alberto, rebaixou a intensidade do traballo como adoita ser habitual dous días antes de cada partido.

Así pois, a pouco máis de 48 horas de visitar ao Pontevedra CF en Pasarón este sábado 5 de decembro (17:00 horas, TVG), a mañá arrancou con charla e vídeo no vestiario. Xa sobre o céspede, os xogadores que saltaron realizaron rondos e fútbol-tenis.

Keko, Derik, Miku, Claudio Beauvue, Rolan e Carlos Abad quedaron traballando no ximnasio e na padiola dos fisioterapeutas.

Mañá venres, o primeiro equipo adestrarase na Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas.