RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Villares e Mosquera dan a vitoria ao Fabril nas Somozas nos últimos 3 minutos

O Fabril ensaiou esta tarde no campo Alcalde Manuel Candocia das Somozas ante o UD Somozas o inicio de liga, posto que ambos os equipos enfrontaranse na 1ª xornada de liga no mesmo escenario, o 17 ou 18 de outubro.

O partido púxose costa arriba na primeira parte para os fabrilistas pero Villares e Mosquera, nos 3 últimos minutos de partido, deron a volta ao marcador: 1-2.

Juan Carlos Valerón deu minutos a todos os seus xogadores salvo o meta Alberto, nun bo test de pretemporada.

Fabril: Pablo Brea, Isra, David Suárez, Kanoute, Javi Sánchez, Boedo, Pescador, Barba, Prendes, Cambón e Sarmiento. Tamén xogaron: Guille, Iván Guerrero, Mosquera, Nájera, Villares, Dani Barcia, Peke, Álex, Guedes e Yuste.

A próxima cita para o filial deportivista será o mércores 7 de outubro en Abegondo (19:30) ante o CD  Estradense.

A pretemporada da Fabril marcha así:

Bergantiños FC 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Javi Sánchez) - SD Compostela 1
UD Somozas 1 - Fabril 2 (Villares e Mosquera)
Fabril - CD Estradense, o mércores 7 de outubro ás 19:30 en Abegondo (campo principal)