RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Villares, Mackay, Juergen Elitim e Alberto, prato forte no DéporCampus Cabreiroá en Abegondo

Os futbolistas do primeiro equipo Diego Villares, Ian Mackay, Juergen Elitim e Alberto foron os encargados de entregar hoxe venres 23 de xullo os diplomas aos 115 nenos e nenas que participaron na cuarta quenda do DéporCampus Cabreiróa de Abegondo.

O acto, que se desenvolveu baixo a estrita normativa de COVID-19, tivo lugar no campo de herba artificial da Cidade Deportiva.

Os futbolistas branquiazuis, con puntualidade suíza, saudaron un por un a todos os nenos e nenas nun xesto que a recado moitos deles lembrarán durante moito tempo. Despois de entregar a cada un o seu diploma acreditativo, posaron nunha foto para o recordo.

A tradicional firma de autógrafos puxo o punto e final á mañá máis emocionante de toda a semana.

Ademais de Abegondo, estiveron activas as sedes Cuntis e Zas, até alcanzar un total de 181 nenos e nenas.

Aquí podes ver as fotos da sede de Abegondo e nesta ligazón as imaxes doutras sedes.

Ademais, o Club estendeu o deportivismo en Estados Unidos, co Dépor Soccer Camp de Virginia.

Por outra banda, está aberta até o vindeiro xoves 29 ás 12:00 a inscrición para a sexta quenda en Abegondo, co que se pon o punto e final a esta actividade xa tradicional no verán deportivo galego e que en 2021 superou os 1.100 alumnos. Todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo.

Os interesados poden consultar toda a información nesta ligazón. Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.