RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vitorias do Infantil e o Benxamín A para abrir a xornada en #ANOSACANTEIRA

Tres partidos con representantes de #ANOSACANTEIRA adiántanse á fin de semana, dous deles hoxe xoves:

Na Liga Galega infantil, o Deportivo impúxose (2-6) ao San Tirso SD, segundo clasificado, e aumenta a súa vantaxe á fronte do subgrupo B norte.

E tamén hoxe en Abegondo, Fabril FC Benxamín e Benxamín A víronse as caras en partido correspondente á 4ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña disputada na súa totalidade a pasada fin de semana. O triunfo foi loxicamente para o A (1-13), con xogadores un ano maiores que os fabrilistas, co que iso supón nestas categorías en canto a superioridade física e técnica.

Para mañá venres 21 na Cidade Deportiva queda o partido do Cadete ante o Bergantiños CF (19:00 horas) do subgrupo A da División de Honra. Os deportivistas son líderes destacados con 37 puntos a pesar de ter un partido menos que o segundo clasificado, o ED Xuventude de Oroso que ten 29 puntos.

O resto de equipos de #ANOSACANTEIRA xogan ao longo da fin de semana.

En Tercera RFEF, o Fabril mídese en Cantarrana ao Viveiro CF, o domingo 23 de xaneiro ás 12:00, co obxectivo de lograr a súa primeira vitoria en 2022. Óscar Gilsanz, técnico fabrilista, non puido contar nos primeiros adestramentos de semana con Dani Barcia e Mella, concentrados coa selección española sub-19 e sub-17 respectivamente.

Pola súa banda, o filial feminino, o Deportivo ABANCA B, recibe o domingo en Abegondo (16:15) ao CF Versalles despois de callar a pasada fin de semana en Mareo quizais o seu mellor partido do que vai de temporada.

O sábado xogan na Cidade Deportiva os dous equipos xuvenís. O A de Manuel Pablo arranca a segunda volta na División de Honra ante o Real Oviedo (16:15) á caza do liderado e após caer en dezaseisavos de final da Copa do Rei, a partido único, en Vigo ante o RC Celta na prórroga.

Pola mañá, ás 12:00, o Xuvenil B mídese ao Alondras CF. Os de Miguel Figueira son líderes empatados co RC Celta B, aínda que os celestes teñen un partido menos xogado.

En categoría feminina, o Orzán SD Xuvenil Feminino está de parabén pola convocatoria de Abril Pazos para uns adestramentos coa selección española sub-15 do próximo luns 24 ao mércores 26. As orzanistas, cuxo partido do pasado domingo nas Eiroas foi suspendido por casos de COVID no Bergantiños CF, tampouco xogarán esta fin de semana debida a esta mesma enfermidade que tamén afectou á SD Antas, o seu rival do domingo na Torre.

Umia CF en Barrantes (Ribadumia), sábado ás 18:30; e Victoria FC na Torre (A Coruña), domingo ás 12:00, serán os rivais do Orzán SD Cadete Feminino e Orzán SD Infantil Feminino respectivamente.

Finalmente, os partidos do Alevín A e o do Fabril FC Benxamín ante o CF Deportivo Orzán e Imperátor OAR respectivamente, previstos para o sábado 22 na Torre, foron aprazados por COVID nos rivais deportivistas.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera RFEF
20ª xornada: VIVEIRO CF - FABRIL, o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 en Cantarrana
Clasificación: ... 4. Rápido de Bouzas e CD Barco, 28 puntos; 6. Racing Villalbés (un partido máis) e Fabril, 25 puntos; 8. Silva SD (un partido menos), 24 puntos; 9. CSD Arzúa (un partido menos), 22 puntos...

Categoría feminina
16ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CF VERSALLES, o domingo 23 de xaneiro ás 16:15 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. Sárdoma CF, 29 puntos; 3. PM Friol (un partido menos), 28 puntos; 4. Deportivo ABANCA B e Oviedo Moderno CF B, 26 puntos; 6. Umia CF (un partido menos), 25 puntos; 7. CD Olímpico de León, 21 puntos...

13ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - SD ANTAS, aprazado
Clasificación da Primeira División Galega, subgrupo A: 1. Bergantiños CF (un partido menos), 19 puntos; 2. CD Lugo (un partido menos), 16 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil Feminino (dous partidos menos), 15 puntos; 5. SD Antas, 12 puntos...

10ª xornada: UMIA CF - ORZÁN SD CADETE FEMININO, o sábado 22 de xaneiro ás 18:30 no campo da Bouza (Barrantes, Ribadumia)
Clasificación da Liga Galega cadete: 1. Victoria CF, 25 puntos; 2. Sárdoma CF, Orzán SD Cadete Feminino e UD Mos, 19 puntos; 5. Lóstrego CF, 15 puntos...

10ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - VICTORIA FC, o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 24 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino (un partido menos) e Victoria FC, 16 puntos; 4. Xuventude de Crendes CF, 12 puntos...

Categoría xuvenil
18ª xornada: XUVENIL A - REAL OVIEDO, o sábado 22 de xaneiro ás 16:15 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 47 puntos; 2. Xuvenil A, 42 puntos; 3. Real Racing Club, 31 puntos...

17ª xornada: XUVENIL B - ALONDRAS CF, o sábado 22 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B (un partido menos) e Xuvenil B, 38 puntos; 3. CD Lugo B, 36 puntos; 4. Coruxo FC (un partido menos), 32 puntos...

Categoría cadete
15ª xornada: CADETE - BERGANTIÑOS CF, o venres 21 de xaneiro ás 19:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. Cadete (un partido menos), 37 puntos; 2. ED Xuventude de Oroso, 29 puntos...

Categoría infantil
14ª xornada: SAN TIRSO SD 2 - INFANTIL 6 (Balbas, Janusz, Rubén, Mosquera, Lucas e Borja)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil, 39 puntos; 2. San Tirso SD, 30 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: ALEVÍN A - CF DEPORTIVO ORZÁN, aprazado
Clasificación da Primeira A Coruña, subgrupo A: 1. Alevín A, 12 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF (un partido menos) e Xesuitinas (un partido menos), 6 puntos...

5ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - OZA JUVENIL SD, o sábado 22 de xaneiro ás 12:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira A Coruña, subgrupo B: ... 2. CD Calasanz (un partido menos), 7 puntos; 3. Fabril FC Alevín (un partido menos), 2 puntos; 4. Ural Español CF (dous partidos menos), 1 punto; 5. Oza Juvenil SD (dous partidos menos), 0 puntos

Categoría benjamín
4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Miguel Candal) - BENXAMÍN A 13 (Hugo Luaces -4-, Álvaro Gómez -3-, Martín López -2-, Nacho Villanueva, David Gómez, Iván Gil e Hugo Macedo)
5ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF A, o sábado 22 de xaneiro ás 18:00 na Torre (campo 4)
Clasificación da Primeira A Coruña, subgrupo A: 1. Benxamín A, 12 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos) e Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos; 4. Fabril FC Alevín e Ural Español CF, 6 puntos; 6. CD Calasanz (un partido menos) e Imperátor OAR (un partido menos) 3 puntos...

5ª xornada: IMPERÁTOR OAR - FABRIL FC BENXAMÍN, aprazado