RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Viveiro repite DéporCampus Cabreiroá despois da súa cancelación no verán de 2020

Viveiro acolleu o pasado martes 14 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá 2022 que se realizará na devandita localidade lucense.

Despois do éxito da edición do verán 2021, alcanzando os 60 participantes após un ano 2020 onde non puido levar a cabo a actividade polas dificultades xurdidas pola alta incidencia da pandemia de COVID-19 na comarca, volve este ano un dos DéporCampus Cabreiroá con máis edicións ás súas costas e de maior éxito da Fundación RC Deportivo.

Á presentación asistiron María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; César Iglesias, concelleiro de deportes de Viveiro; Paco Rojo, directivo do Viveiro SD, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 4 e 8 de xullo. O estadio municipal Marcos Gómez será o escenario deste DéporCampus Cabreiroá.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Viveiro e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves 30 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.