RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Volta ao céspede do Dépor cunha longa sesión de traballo táctico e físico

O Deportivo regresou esta mañá aos adestramentos tralo día de descanso de onte, coa mente posta xa na visita á SD Huesca, deste domingo 25 de agosto en El Alcoraz (19:00 horas, Movistar LaLiga e Gol).

Após un quecemento e uns rondos, Anquela dividiu ao seu cadro en dous grupos. Así, mentres un grupo realizaba un exercicio táctico no campo 2, o outro completaba un circuíto físico con finalizacións.

Fútbol en espazo reducido, de alta intensidade; e un ensaio de accións de estratexia puxeron o punto e final á longa mañá sobre o céspede, de máis de dúas horas de duración.

Diego Caballo e Diego Rolan foron os únicos xogadores que estiveron á marxe, cun adestramento específico.

Pola súa banda, David Sánchez, Mujaid, Gandoy, Javi Sánchez, Boian e Martí Vilà foron os fabrilistas que se exercitaron co primeiro equipo.

Mañá xoves haberá unha nova sesión de traballo, ás 10:00 horas en Abegondo.