RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Volta ao traballo esta mañá en Abegondo

Tanto os titulares onte no Stadium Gal ante a Real Unión de Irún como o resto do cadro do Deportivo saltaron ao céspede de Abegondo esta mañá, apenas oito horas despois de chegar de viaxe por estrada desde o País Vasco.

Após un quecemento e un roldo, os que onte xogaron de inicio en Irún continuaron posteriormente con tarefas de recuperación: estiramentos, carreira continua, masaxe e fisioterapia.

Para os demais, a mañá foi máis intensa con fútbol reducido, de alta intensidade.

Os tocados (Pablo Trigueros, Valín e Trilli) adestráronse á marxe. Pola súa banda, Alberto Benito estivo hoxe de permiso; e Noel, Yeremay, Juan Rodríguez e Brais foron os representantes de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

O Deportivo descansa mañá luns e regresa o martes 12 de outubro aos adestramentos, ás 10:30 en Abegondo, para preparar a seguinte cita ligueira, a visita do UD San Sebastián de los Reyes do sábado 16 de outubro ás 19:00 horas (Footters) en ABANCA-RIAZOR.