RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Volve o Roscón Solidario de Sanbrandán e COPE Coruña

Esta semana ponse en marcha a quinta edición desta campaña a favor de Cáritas na cidade herculina para que o espírito do Nadal chegue a todas as familias da Coruña. Sanbrandán e COPE Coruña, coa colaboración do RC Deportivo, teñen como obxectivo que ningunha familia da cidade quede sen o seu roscón de Reis. Trátase de impregnar “o nadal deste compoñente de celebración”, segundo explicaba a responsable de Cáritas na Coruña, Pilar Farjas.

O sistema de participación é simple: ao pasar por caixa en calquera das 47 tendas de Sanbrandán da Coruña, indícase que queremos comprar un roscón solidario. Ao abonar o importe, dannos un ticket como xustificante e Sanbrandán fará chegar un deses doces a Cáritas. Este ano, debido á pandemia, todos os roscóns solidarios entréganse mediante este sistema de 'fila cero'. As persoas destinatarias desta acción son menores que están nos programas de Familia Educa, persoas en pisos de acollida e maiores das residencias da entidade. Como novidade, os roscóns chegarán este Nadal a un centenar de persoas maiores que viven soas e que a ONG atende dentro do programa 'Acompáñote'.

Entre as persoas que adquiran roscóns, asígnase un número para poder optar a gañar unha serie de agasallos. Entre estes premios, Sanbrandán sortea un ano de pan gratis, unha cafetera premium de Cafés Delta, un premio de FNAC e dez packs do Dépor. As doazóns pódense facer até o 5 de xaneiro.

O lanzamento da campaña estivo arroupada por Alba Merino e Raquel García, do Dépor Abanca e Alberto Quiles e Víctor García, xogadores do Dépor. Tamén estiveron o chef estrela Michelín Luis Veira e o exjugador branquiazul, Paco Jémez. Todos eles fixeron a súa primeira doazón solidaria no Sanbrandán da FNAC.

2020 foi un éxito de doazóns para a campaña, e multiplicáronse por dez os roscóns solidarios adquiridos pola clientela das tendas Sanbrandán. En total, entregáronse a Cáritas 280 destes doces do Nadal. O obxectivo, esta campaña 2021/22, é superar esta cifra e permitir cubrir a demanda dos comedores e os economatos da entidade, onde tamén chegaron o ano pasado os roscóns. O recadado permitiu prolongar até febreiro a doazón de produtos básicos por parte de Sanbrandán.