RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

William de Camargo, Xogador Estrella Galicia de marzo no Dépor

O centrocampista brasileiro do RC Deportivo, William de Camargo, únese ao palmarés de galardoados co trofeo ao Xogador Estrella Galicia do mes. No de marzo foi, para os afeccionados do Deportivo, o máis valorado cun 47 % dos 2.479 votos emitidos polos seguidores Deportivistas. Quiles, gañador do primeiro premio da temporada, acabou segundo co 38,1 % mentres que Ian Mackay foi terceiro co 14,8 restante.

William recolleu esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo o premio como Xogador Estrella Galicia de marzo, no que o Dépor xogou contra Racing de Ferrol, Badajoz, Cultural e Deportiva Leonesa e Celta B. Os encargados de facer entrega do trofeo foron os responsables de Taberna Kvras (rúa Orzán, 147), con Óscar Varela á cabeza, hostaleiros do mes de Estrella Galicia, que tamén recibiron como lembranza unha camiseta asinada por todo o cadro do RC Deportivo.

Quiles, Miku (2), Víctor García, Juergen Elitim e Adrián Lapeña preceden até este mes a William como Xogadores Estrella Galicia de entre os finalistas que cada mes elixen os profesionais dos medios de comunicación que seguen ao equipo.