RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xa están á venda as entradas para o Dépor-Getafe do 30 de setembro

As entradas para o partido da 7ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Getafe CF xa están á venda.

O partido dispútase o sábado 30 de setembro a partir das 13:00 horas. Os prezos das entradas de público oscilan entre os 40 euros da Tribuna Superior e os 20 euros de Pavillón Superior.

Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O día do partido as entradas soamente estarán á venda nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor a partir das 10:00 horas.

As entradas de público tamén poden comprarse en liña aquí

Prezos das entradas de público para o Dépor-Getafe (sábado 30 de setembro, 13:00 horas):