18/11/2016 16:31 |
RCD / NOVAS
Xa se pode adquirir a edición especial de Estrela Galicia de apoio ao Deportivo
A firma Estrela Galicia, patrocinador do Real Club Deportivo, xa ten a disposición dos clientes unha edición especial de cervexa de apoio ao club.É unha edición especial de botellas diseñadas co escudo do R.C. Deportivo da Coruña e a lema “Sempre Depor” e con este lanzamento, a marca de cervexa de orixe galega homenaxea ao club coruñés que, nestes momentos, conta con todo o apoio dos afeccionados renovando xa os seus abonos para a tempada 2011-2012.

Estrela Galicia quere demostrar así o seu compromiso co fútbol galego e co Deportivo, do que é patrocinador desde hai varias tempadas. Por iso lanzou 720.000 botellas desta nova edición de Estrela Galicia Especial coa que a emblemática cervexa homenaxea ao club branquiazul. Esta acción enmárcase dentro da campaña que está a desenvolver a marca en apoio ao equipo coruñés.