RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Xisco: Este equipo ten moita marxe de mellora

Xisco, nacido en Mallorca, regresa á súa casa para xogar por primeira vez na súa carreira no Ono Estadi.

-Supoño que agora os últimos resultados axudan un pouco máis ao equipo.
-Desde logo que todo ésto axúdanos a seguir crecendo paso a paso.

-¿Creedes que o teito é maior?
-Si. Está claro que sempre se pode mellorar. Este equipo de feito ten moita marxe de mellora.

-Será especial xogar en Mallorca.
-Seguro que será moi bonito. Estarán os meus pais, a miña familia, os meus amigos e iso non pasa todos os domingos. Pero por outra banda será un partido máis.

-E o Mallorca ademais ten baixas importantes.

-Non nos ten que preocupar moito ésto. Témonos que preocupar de nós mesmos.

-Cara a onde miras na clasificación, ¿cara arriba ou cara abaixo?
-Non miro moito a táboa. Sabemos que estamos a crecer e as sensacións é co que che tes que quedar.

-Parece que este ano a salvación vai estar por encima dos 43 puntos.

-Non teño nin idea. As mellores matemáticas son ir partido a partido.

-Dada a marcha do equipo, ¿descartades algo maior como a Intertoto...?
-É un erro pensar en éso. Temos que centrarnos en salvar ao equipo.