RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Xisco: Hai tranquilidade. Temos calidade dabondo no persoal

Xisco descartó esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol que o vestiario do Deportivo pase un mal momento anímico. "Estamos tranquilos. Hai calidade dabondo no persoal", comenta o dianteiro deportivista.

No partido ante o Mallorca, Lotina decidiu darlle descanso. Hoxe confirmou que está "totalmente recuperado. É máis, traballei para chegar ao fin de semana a lume de biqueira". A pesar de levar dous partidos seguidos marcando, ante a Valencia en Riazor e ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu, Xisco confesou que entendería quedar no banco en favor de Bodipo, titular o pasado mércores ante o Real Mallorca: "Fixo un bo traballo e se o míster decide que xogue el, pois a esperar no banco". "Non se acaba o mundo en Murcia", comenta Xisco, que se marca como meta lograr o seis puntos ante Murcia e Real Racing Club en Riazor para saír da zona baixa.