RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Xisco, preconvocado coa Selección Española Sub-21 para un partido en Moscova

Xisco foi preseleccionado pola Selección Españonda Sub-21 para disputar a mediados do próximo mes de agosto un partido internacional ante Rusia.

A principios do mes próximo, o técnico do combinado Sub-21 dará a lista definitiva e saberase se o dianteiro branquiazul, un fixo a tempada pasada, segue contando na Selección.
Esta tarde, os Servizos Médicos do Real Club Deportivo realizaron unha ecografía a Xisco que revelou que o futbolista padece unha sobrecarga muscular no cuádriceps, circunstancia que motivou que o dianteiro quede fóra da lista para recibir ao Bnei Sakhnin.