RCD / NOVAS

Xogadores e xogadoras do Dépor visitan o Materno Infantil en vésperas de Nadal

18/12/2018 19:39

Como é tradición cada ano por estas datas, os xogadores do Dépor e as xogadoras do Dépor Abanca fixeron hoxe de enviados especiais de Papá Noel en vésperas do Nadal. Nunhas datas sinaladas para os máis pequenos, Silvia Mérida, Érika, Patricia Curbelo e Peque, xunto a Pedro Mosquera, Dani Giménez, Pedro Sánchez e Didier Moreno, visitaron esta tarde o Hospital Materno Infantil Teresa Herrera para repartir ilusión, simpatía e agasallos deportivistas entre todos os nenos e nenas que desgraciadamente teñen que pasar estas datas ingresados.

Após departir co persoal sanitario, os futbolistas foron percorrendo as habitacións e entregando a nenos e nenas o seu agasallo en forma de balón, bufanda, cartafol, estoxos, pulseiras...