RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xogo real no Dépor, cun partido 11 contra 11 no campo principal

Fernando Vázquez axusta pezas de cara ao inminente reinicio da liga, previsto para o domingo 14 de xuño en ABANCA-RIAZOR (17:00 horas, GOL) ante o Sporting de Gijón.

O técnico deportivista suspendeu a sesión prevista para esta tarde e na desta mañá dispuxo un partido 11 contra 11 no campo principal da Cidade Deportiva. Impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas e parou continuamente o xogo. Con 27 futbolistas dispoñibles, Fernando Vázquez foi introducindo repetidos cambios nos 2 equipos.

"Estamos a traballar en espazos amplos, con moito partido, posto que é o que nos imos a atopar a partir do domingo contra o Sporting", explicou Sabin Merino en rolda de prensa.

Non participaron Mujaid e Jovanović, que tivo adestramento específico no ximnasio a consecuencia dunhas molestias nun cóbado.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo na Cidade Deportiva a partir das 10:00 horas.