RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xogos e estratexia para o Dépor en ABANCA-RIAZOR

Como é habitual dous días antes de cada partido, José Luis Martí rebaixou a intensidade do adestramento do Dépor, esta mañá a porta pechada en ABANCA-RIAZOR.

Os futbolistas arrancaron no céspede con xogos que provocaron o sorriso tanto de xogadores como de técnicos e auxiliares.

A continuación, o adestrador deportivista ensaiou unha serie de movementos tácticos e de accións a balón parado, neste último caso baixo a supervisión de Alejandro Esteve, todo iso de cara ao encontro deste domingo 19 de maio no Anxo Carro de Lugo (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).

A mañá para o primeiro equipo concluíu cuns rondos, xusto antes de entrar de regreso ao vestiario.

Mañá sábado, o Dépor adestrarase de novo en ABANCA-RIAZOR a partir das 11:00 horas.