RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Xornada de liga entre semana para o Fabril mañá martes, día festivo, en Ourense

Mañá martes 12 de outubro, día festivo, a Fabril visita ao Ourense CF en xornada ligueira intersemanal. O encontro, correspondente á 6ª xornada, xogarase ás 18:00 horas no Couto.

Despois do triunfo do pasado sábado en Abegondo fronte ao CD Choco (1-0), os fabrilistas marchan terceiros na clasificación con dez puntos, cinco por detrás do líder, o CD Barco.

Óscar Gilsanz, técnico do filial, poderá contar con Alberto e Yeremay, que se adestran diariamente co primeiro equipo; ademais de David Mella, de regreso da selección española sub-17. Completan a convocatoria estes futbolistas: Brais, Iván Guerrero, José Currás, Juan Rodríguez, Dani Barcia, David Suárez, Brais Val, Javi Sanmartín, Barba, Fabio, Runy, Víctor, Juan Cambón e Davo

Pola súa banda, o Ourense CF, ao que lle tocou descansar a pasada fin de semana, suma cinco puntos no que vai de liga e ocupa a décima posición da táboa. No seu campo do Couto, os ourensanistas levan dous partidos, saldados cun empate e unha derrota.