RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xornada de recuperación para o primeiro equipo con só dez futbolistas no campo

O Deportivo, hoxe ademais cos fabrilistas Adri Castro e Alberto, tivo unha mañá de recuperación na Cidade Deportiva.

De feito, só dez xogadores saltaron ao céspede do campo 2 do complexo branquiazul: Álex Bergantiños, Carlos Abad, Lucho, Héctor, Lara, Rui Costa, Gandoy, Valín; ademais dos dous citados anteriormente: Adri Castro e Alberto.

Para este grupo houbo un quecemento con rondos, un circuíto físico con finalizacións e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. Todo iso por espazo de case dúas horas.

O resto do cadro, é dicir, os titulares onte en ABANCA-RIAZOR ante o Racing de Ferrol realizaron tarefas de recuperación no ximnasio, zona de augas e padiola dos fisioterapeutas do primeiro equipo.

Miku, Derik e Keko seguiron co seu plan de readaptación física ás ordes do readaptador, Fran Molano. Para estes tres futbolistas houbo tarefas no campo e no ximnasio.

Mañá martes 1 de decembro haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o mércores 2 de decembro ás 10:30 en Abegondo.