RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Xornada festiva da pena deportivista de Barcelona o domingo, día do partido ante o Espanyol

A peña deportivista de Barcelona prepara varios actos festivos o domingo 26 de outubro, aproveitando a visita do Deportivo ao Espanyol, ás 17.00 horas no Power8 Stadium de Cornellá.

Ás 10.30 horas haberá un partido amigable entre membros da pena e unha pena espanyolista. A partir das 12.00, está previsto unha sesión vermouth e unha comida na sede da pena (rúa Aprestadora nº 113 de Hospitalet de Llobregat). A saída para o estadio espanyolista será ás 15.45, con regreso ao final do partido.

O prezo da entrada ao partido custa 25 euros. A partir de aí, o autobús vale 5 euros (10 euros para os non socios da pena); e a comida 15 euros (20 euros para os non socios da pena).