RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Xornada goleadora do Benxamín B

O Benxamín B impúxose por 0-14 ao Sporting Coruñés C no partido correspondente á 2ª xornada da Segunda Fase do grupo 1º A Coruña.

Raúl -4-, José Quiroga -3-, Iago Varela -3-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro e Hugo foron os goleadores branquiazuis deste partido sen historia.

Con este marcador, o Benxamín B suma 6 puntos de 6 posibles.

Benxamín B: Lucas, Raúl, Iago Varela, José Quiroga, Hugo, Lucas Vázquez, Iago Lameiro e Javi. Tamén xogaron: Nico e Rodrigo.

O Ural CF C será o próximo rival do Benxamín B.

Os resultados do Benxamín B nesta competición son os seguintes:

Benxamín B 2 (Javi e Raúl) - AD Peñarredonda A 1
Sporting Coruñés C 0 - Benxamín B 14 (Raúl -4-, José Quiroga -3-, Iago Varela -3-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro e Hugo)