RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xornadas de adestramentos a portas abertas no Orzán SD Feminino

O Orzán SD Feminino organizará unhas xornadas de adestramentos a portas abertas en Abegondo todos os venres deste mes de maio (a partir das 18:45). Esta iniciativa está dirixida a todas as xogadoras que queiran empezar a xogar ao fútbol ou que xa están a xogar e queiran coñecer o Club.

Poderán participar todas as futbolistas nadas a partir do ano 2010 e, para inscribirse, é imprescindible chamar ao teléfono 683162227.

O Orzán SD Feminino Xuvenil, filial do Dépor ABANCA B, compite na Primeira División Liga Galega; mentres que o Orzán SD Cadete Feminino, Orzán SD Infantil e Orzán SD Promesas na Liga Galega.