RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#XuntosPoDÉse: Fretamos autobuses e abonamos a metade da entrada de #ANosaForza a Butarque

O Real Club Deportivo quere agradecer o apoio de todos os seus afeccionados no partido de onte á noite contra o Sevilla FC e ao longo de toda a temporada, dando todas as facilidades posibles aos seguidores que queiran apoiar de novo ao equipo o venres en Butarque para seguir loitando pola permanencia en LaLiga. O partido contra o Leganés dispútase ás 21:00 horas.

A primeira medida é asumir o 50% do prezo das entradas do partido, polo que os afeccionados deportivistas só terán que desembolsar 15 € para poder acceder ao campo madrileño. Aqueles afeccionados que xa comprasen a súa entrada polo seu valor completo poderán recuperar a diferenza presentando a súa ticket na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio Abanca-Riazor. Os que a compren a partir deste momento, farano abonando 15 €.

As entradas están dispoñibles na OAD mércores e xoves de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Ademais, para facilitar o desprazamento, o Real Club Deportivo fretará autobuses o venres a Leganés. Para causar o menor trastorno posible nun día de traballo, os autobuses sairán ás 13:00 horas desde o Palacio dos Deportes de Riazor. O regreso será á conclusión do partido. Para poder utilizar este servizo, só é necesario enviar un correo cos datos dos viaxeiros a atencion.deportivista@rcdeportivo.es (indicando: Nome, Apelidos, DNI e nº de teléfono) ou inscribirse en despacho de billetes no momento da compra.

O Real Club Deportivo quere lembrar que a Federación de Peñas tamén organiza viaxe con saída o venres ás 09:00 h. e con xestión de entradas e desprazamento coordinado pola propia agrupación branquiazul a través das súas canles habituais.