RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xusta repartición de puntos na Malata entre Racing de Ferrol e Fabril

O Racing de Ferrol e o Fabril repartíronse os puntos (1-1) esta tarde na Malata, nun partido intenso, frenético por momentos, e con oportunidades nas dúas porterías.

Adiantáronse os departamentais aos oito minutos con gol de Mendy. O Fabril foise a polo empate, sobre todo na segunda metade. Foi entón cando Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, sacou ao céspede a toda a súa artillaría, con Bicho e Romay, que foi precisamente o que acertou coa meta de Mackay, tras un saque de esquina. Corría o minuto 77, cos dous equipos xa moi castigados polo esforzo. O marcador xa non se movería.

Con este resultado, o Fabril é decimoprimero na clasificación do grupo 1º da Segunda División B con 4 puntos.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Raúl González, One, Diego Caballo, Edu Expósito, Óscar, Carlos López, Uxío, Martín Bengoa e Borja Galán. Tamén xogaron: Quique Fornos, Bicho e Romay.

Pepe Mel, adestrador do Deportivo, seguiu o encontro desde o palco do estadio ferrolán.

O próximo fin de semana, o Fabril recibe ao Real Madrid Castilla na Cidade Deportiva de Abegondo. Este verán, ambos os equipos víronse as caras no Memorial Manolo Martín que se xogou no Estadio ABANCA-RIAZOR. Houbo empate a un tanto no partido, aínda que o trofeo foise para o Santiago Bernabéu polo acerto merengue na quenda de penaltis.

Os resultados ata a data do Fabril foron os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)