O Cadete B logrou unha xusta vitoria ante o Galicia de Caranza (1-3), na segunda xornada do grupo 1º da liga Galega. Hugo Suárez -2- e Jorge foron os autores dos goles branquiazuis no Municipal de Caranza.
Con este resultado, o Cadete B sitúase na parte alta da táboa con 4 puntos de 6 posibles.
Cadete B: Ríos, Íker, Buján, Bocija, Nils, Álex, Iago, Hugo Suárez, Padín, Melide e Álvaro. Tamén xogaron: Jorge, Martín, Quique e Mouriño.
O próximo fin de semana, o Cadete B recibe ao Racing de Ferrol B.
Os resultados do Cadete B ata a data son os seguintes:
Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1 Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)