RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Xusto triunfo do Deportivo ABANCA B, superior ao UD Mos, un rival directo

A pesar das importantes ausencias de Eva Dios e María Figueroa, que tiveron minutos de xogo co primeiro equipo en Badaxoz ante a Santa Teresa CD, o Deportivo ABANCA B derrotou (2-1) con xustiza en Abegondo ao UD Mos, un rival directo na loita polas tres primeiras prazas do subgrupo A de Primeira Nacional.

Aroa Guerra e Tati foron as goleadoras branquiazuis deste encontro correspondente á 13ª xornada.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B suma 23 puntos e é segundo na táboa, a cinco puntos do líder, o Viajes InterRías FF, que ten 28 puntos. Por contra, o UD Mos queda na cuarta praza con 19 puntos.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Navia, Sara Álvarez, Paula, Uxía, Lara, Nuria Torres, María Calvo, Carlota, Tati e Aroa Guerra. Tamén xogaron: Alejandra Fente, Ansede, Laura Testa e Lucía.

A próxima semana non hai xornada de liga. En quince días, o 21 de febreiro, o equipo branquiazul visita en Vigo ao CD Valladares.

Os resultados do Dépor ABANCA B en liga son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 9 (Aroa -4-, Eva Dios -2-, María Calvo -2- e Navia) - Umia CF 0
Viajes InterRías FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 3 (María Calvo, Carlota e unha futbolista rival en propia meta) - Victoria FC 1
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 15 (Lucía -4-, Eva Dios -3-, Andrea Ansede -3-, Marta Rico -2-, Carlota, Lara e Patri López) - CD Valladares 0
Atlético Arousana 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Eva Dios e Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 4 (Nuria Torres, María Calvo, Aroa Guerra e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 2
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Eva Dios)
Umia CF 4 - Deportivo ABANCA B 1 (Eva Dios)
Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez) - Viajes InterRías FF 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Aroa Guerra)
Deportivo ABANCA B 2 (Aroa Guerra e Tati) - UD Mos 1