RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Xusto triunfo do Fabril sobre o Paiosaco no partido aprazado polo temporal en decembro

O Fabril impúxose en Abegondo (4-2) con xustiza ao UD Paiosaco H. Añón en partido aprazado polo temporal do pasado 21 de decembro, correspondente á 17ª xornada no grupo 1º de Terceira División.

O partido foi un tempo para cada equipo. A primeira foi para os branquiverdes, que se foron ao descanso con vitoria provisional por 0-1.

Após o paso polos vestiarios espertou ao Fabril, que dominou con claridade ao seu rival e deulle a volta ao marcador grazas aos goles de Mario Losada (2) e Pedro (2).

Con este resultado, o Fabril suma 39 puntos e achégase a posicións de play off de ascenso.

Fabril: Alberto, Valín, Martí Vilà, Bourdal, Juan Rodríguez, Kanoute, David Sánchez, Gandoy, Mario Losada, Villares e Pedro. Tamén xogaron: Iago Novo, Aarón Sánchez e Javi Sánchez.

Fabril-Bergantiños en ABANCA-RIAZOR

O domingo 1 de marzo, o partido entre o Fabril e o Bergantiños CF, correspondente xa á 26ª xornada, disputarase en ABANCA-RIAZOR.

Será a continuación do partido de LaLiga SmartBank entre Deportivo e CD Lugo previsto para as 16:00 h. polo que o encontro entre o filial e o conxunto carballés arrincará ás 18:30 horas.

Todos os socios e afeccionados do Deportivo que estean no interior do Estadio para ver o partido de LaLiga poden permanecer na súa localidade para ver o partido de Terceira División. Os seguidores do Bergantiños que queiran acudir ao partido poderán comprar as entradas a través do seu Club, localidades que, por cortesía do Real Club Deportivo, tamén lles dará acceso ao Dépor-Lugo.

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1
CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro)
Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1
Silva SD 2 - Fabril 1 (Mario Losada)
Fabril 0 - Racing Villalbés 1
CSD Arzúa 2 - Fabril 0
Fabril 4 (Mario Losada -2- e Pedro -2- ) - UD Paiosaco H. Añón 2
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Pidlepenets, Villares, Pedro e Aarón Sánchez) - CD Pontellas 0
Fabril 1 (o porteiro rival en propia meta) - CD Choco 0
Ourense CF 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Iago Parga) - CD Arenteiro 2
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Mario Losada e Iago Parga) - SD Compostela 2
CD Barco 1 - Fabril 1 (Villares)