RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xuvenil B, Cadete A e Infantil A xa coñecen a data de inicio das súas competicións

A Federación Galega de Fútbol fixo pública as datas de inicio das competicións para tres equipos de #ANOSACANTEIRA.

Así, o Xuvenil B, que defenderá o seu título de campión da Liga Nacional, comezará a liga o 19 de setembro.

Tamén defenderá a medalla de ouro na División de Honra o Cadete A, nesta ocasión a partir do 3 de outubro.

Para a Liga Galega infantil están previstas dúas datas de inicio: 26 de setembro se o Dépor queda encadrado no grupo de máis equipos; ou 3 de outubro, se o grupo é os de menos equipos.

Finalmente, a Federación Galega subliña que o resto de categorías de #ANOSACANTEIRA, alevíns e benxamíns, comezarán a competición oficial ao longo do mes de outubro.