RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Yamamoto, novidade na convocatoria do Dépor ABANCA para o encontro de mañá ante o CD Oceja

O Deportivo ABANCA estrea o liderado do grupo 1º de Segunda División Nacional mañá domingo 11 de novembro en Abegondo (12:00 horas) ante o CD Oceja, en partido correspondente á 9ª xornada.

As deportivistas están á fronte da táboa por primeira vez nesta liga.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros, e 3 euros para os menores de 14 anos.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a 18 futbolistas para o encontro. A novidade é Maya Yamamoto, que por primeira vez entra nunha convocatoria trala súa fichaxe polo Deportivo ABANCA o pasado mes de setembro.

Ademais da centrocampista xaponesa, a convocatoria complétana estas xogadoras: Malena, Miralles, Cris, Iris, Nuria, Gaby, Lía, Peke, Teresa, Érika, Alba Merino, Kika, Michelle Romero, Laura, Silvia Mérida, Ali Muñoz e Raquel.

Despois de 8 partidos, Deportivo ABANCA e Oviedo Moderno CF marchan na cabeza con 22 puntos, aínda que a diferenza de goles é superior claramente ás deportivistas: +41 por +28 das ovetenses.