RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Ze Castro, Bodipo, Lassad e Gardado, coas súas respectivas Seleccións Nacionais

O deportivista Ze Castro xogará dous partidos con Portugal este mes de xuño, ante Albania en Tirana o 6, clasificatorio para o Mundial de Sudáfrica 2010; e fronte a Estonia en Talin, amigable. Ze Castro foi titular indiscutible para Miguel &

 Lassad foi preconvocado para dous partidos con Tunes, clasificatorios para a Copa de África e para o Mundial 2010 de Sudáfrica. Os encontros son o 6 de xuño en Tunes ante Mozambique e o 20 de xuño, tamén en Tunes, fronte a Nixeria.

        Pola súa banda, Bodipo disputará con Guinea Ecuatorial un amigable en Talin ante Estonia o próximo 6 de xuño. O dianteiro deportivista, que anotou o último tanto deportivista da tempada 2008-09, é o gran abanderado da súa Selección.

        Por fin, Andrés Gardado disputará con México dous partidos oficiais clasificatorios para o Mundial de Sudáfrica 2010. O 6 de xuño enfróntase ao Salvador na capital salvadoreña; e o 10 de xuño, o rival de Gardado e o resto do combinado mexicano será Trinidad e Tobago en México D.F.