RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Ze Castro, citado para dous partidos oficiais da Selección Portuguesa

O Deportivo aos poucos volve asomar a cabeza nas seleccións nacionais. Hoxe o meuércoles, o Club recibió a citación de Ze Castro para dous partidos oficiais, clasificatorios para o Mundial de Sudáfrica, con Portugal, o 5 de set

A pasada semana, Gardado foi citado polo Seleccionador Nacional de México, Javier Aguirre, para dous partidos valedoiros para o próximo mundial, ante Costa Rica en San José de Costa Rica o sábado 5 de setembro e fronte a Honduras en Cidade de México o mércores 9 de setembro.

O venres, o Club recibiu a citación oficial de Filipe, que foi convocado pola Selección de Brasil para disputar dous encontros oficiais ante Arxentina o sábado 5 de setembro en Rosario e fronte a Chile, o mércores 9 en San Salvador de Baía.

A maiores, Lassad, que se atopa aínda apartado dos adestramentos por mor dunha rotura fibrilar, foi preconvocado por Tunes. A Dirección Deportiva do Deportivo enviou o pasado venres un informe médico á Federación Tunisiana de Fútbol para explicarlles a situación clínica de Lassad, que non debutou en toda a pretemporada.