RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Ze Castro, con permiso do Club para non vir adestrar esta mañá

Ze Castro foi a única ausencia do adestramento do Deportivo esta mañana no Mundo do Fútbol. O central portugués ten permiso do Club á espera de negociar a súa saída durante o día de hoxe, no que ás 00.00  horas fina

Seguen á marxe do grupo Juan Domínguez, Míchel e Dani Aranzubía. O galego traballou no ximnasio. A meta vasco fixo exercicios sobre o céspede e posteriormente no ximnasio. Aos poucos, Aranzubía vai aumentando a súa carga de adestramento. Riki, que tivo un choque fortuíto con Juca, retirouse antes de finalizar cun golpe no nariz.

Mañá mércores haberá dobre quenda de adestramento no Mundo do Fútbol. O matinal arrincará ás 10.00 horas. Será por grupos, nunha sesión física fundamentalmente.