RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Ze Castro e Bodipo, tamén citados por Portugal e Guinea Ecuatorial respectivamente

Os deportivistas Ze Castro e Bodipo foron citados polas súas respectivas Seleccións Nacionais para partidos internacionais o próximo mes de xuño.

Así, Bodipo disputará con Guinea Ecuatorial un amigable en Talin ante Estonia o próximo 6 de xuño. O dianteiro deportivista é o gran abanderado da súa Selección.

Pola súa banda, Ze Castro foi preconvocado para dous partidos con Portugal, ante Albania en Tirana o 6 de xuño, clasificatorio para o Mundial de Sudáfrica 2010; e fronte a Estonia en Talin, amigable. Nos próximos días, o Seleccionador portugués, Carlos Queiroz, dará a lista definitiva de convocados.

Onte xoves, o Club recibiu a convocatoria de Andrés Gardado por México para disputar dous partidos oficiais clasificatorios para o Mundial de Sudáfrica 2010. O 6 de xuño, México, que estrea seleccionador, o ex atlético Javier Aguirre, enfróntase ao Salvador na capital salvadoreña. O 10 de xuño, o rival de Gardado e o resto do combinado mexicano será Trinidad e Tobago en México D.F. Gardado viaxará á concentración tras finalizar o choque ante o Barcelona.