Ze Castro: Estou moi contento e orgulloso dos meus compañeiros
Ze Castro se mostró esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol "orgulloso dos meus compañeros" tras a vitoria do pasado sábado en San Mamés ante o Athletic Club.
O central portugués cualifica de moi "importante" os dous partidos desta semana, en Riazor ante o Almería este mércores ás 20.00 horas e o sábado ás 20.00 horas en Málaga ante o conxunto andaluz.
Esta mañá, Ze Castro non se adestrou co grupo por mor dunha escordadura no seu nocello esquerdo. Os médicos confían en que non terá problema para xogar ante o Almería. Seguen á marxe Antonio Tomás, Lafita, Riki e Mista.