RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Zoe foi decisivo para o Cadete branquiazul en Carballo

Zoe foi decisivo para o Cadete no seu encontro do subgrupo A da División de Honra disputado nas Eiroas ante o Bergantiños CF (0-1), correspondente á 4ª xornada. O centrocampista branquiazul foi o autor no minuto 77 do único gol do partido que valeu tres novos puntos para o equipo que prepara Darío Cotelo.

Con este marcador, o Cadete é líder en solitario con 12 puntos; por diante do San Tirso SD e Victoria CF, ambos con 8 puntos.

Cadete: Yago Moreira, Diego Miranda, Pablo Parada, Oreiro, Lucas Taibo, Zoe, Guerrero, Dani Estévez, Jorge García, Manu Ferreiro e Juan Barros. Tamén xogaron: Hugo Torres, Jaime Calviño, Noe e David Carballo.

A próxima fin de semana, o Cadete recibe en Abegondo ao Ural Español CF.

Os resultados do Cadete no subgrupo A da División de Honra son os seguintes:

Cadete 4 (Adrián Guerrero -2-, Jorge García e Zoe) - CD Calasanz 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete 9 (Manu Ferreiro -2-, Guerrero, Juan Barros -2-, Pablo Parada, Noe, Lucas Taibo e Oreiro)
Cadete 8 (Lucas Taibo, Guerrero -2-, Jorge García -2-, Diego Miranda e Jaime -2-) - Racing de Ferrol 0
Bergantiños CF 0 - Cadete 1 (Zoe)