
CANTERA · 4 AGOSTO 2025
ANTÍA VEIGA, DEPORTIVISTA ATÉ 2028
Antía Veiga Caramés (Ames, 9 de maio de 2009) renovou co RC Deportivo até xuño de 2028.Desta forma, o RC Deportivo asegúrase a continuidade dunha das futbolistas de Abegondo con maior proxección de futuro, como o demostra o seu crecemento cada ano.A temporada pasada formou parte do cadro do Dépor ABANCA B de Tercera Federación, co que logrou o título de liga e o consecuente ascenso a Segunda Federación.

A porteira deportivista chegou ao RC Deportivo en cadetes e, após superar todas as etapas, xa está ás portas do primeiro equipo.Así, Antía Veiga adestrouse co Deportivo ABANCA na pretemporada 2024-25 e chegou a debutar no amigable ante o Real Oviedo Femenino disputado o pasado 21 de agosto de 2024 en Abegondo.A canteirá é ademais internacional española en categorías sub-15, sub-16 e sub-17.


O xuvenil Nico Balbas concentrarase en Alacant coa selección ...

Resultados deste sábado 23 de maio en ANOSACANTEIRA, con subc...

O Dépor visita este domingo 24 de maio ás 18:30 o Real Vallad...

O Alevín A iniciou este venres 22 na Arousa F7 unha nova fin ...

A RC Deportivo Fundación desenvolve en Cerceda unha nova acti...

Antonio Hidalgo: "Temos o privilexio de poder loitar por algo...