RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os Nosos poñen rumbo á Fan Zone de Riazor nunha noite de festa para o deportivismo

DÉPOR · 23 MAIO 2026

OS NOSOS POÑEN RUMBO Á FAN ZONE DE RIAZOR NUNHA NOITE DE FESTA PARA O DEPORTIVISMO

Os Nosos emprenden o camiño de regreso a casa tras unha noite que quedará gravada para sempre na memoria do deportivismo.Despois do histórico encontro vivido no Estadio José Zorrilla de Valladolid, o Deportivo pon rumbo a A Coruña en autocar para reencontrarse cunha afección que nunca deixou de empurrar, mesmo na distancia.A chegada á Fan Zone da explanada dos Deportes de Riazor está prevista a partir das 2:30 desta madrugada, onde milleiros de deportivistas agardan para recibir un equipo que volveu facer soñar a toda unha cidade.Esta historia non se entende sen a súa xente. Sen quen estivo nas bancadas de Valladolid e sen quen alentou desde A Coruña co corazón latexando ao mesmo ritmo.Riazor volverá ser un abrazo infinito entre Os Nosos e ANOSAFORZA.A celebración na fonte de Cuatro Caminos, lugar emblemático do deportivismo, será ao domingo 31 de maio ao concluír o último partido de liga en ABANCA-RIAZOR ante a UD Las Palmas.Poucas horas despois, o deportivismo volverá vivir un día, o luns 25, para o recordo.A ilusión, o orgullo e a emoción percorrerán cada recuncho de A Coruña nunha xornada moi especial para celebrar xuntos un ascenso que xa forma parte da nosa historia.Ás 13:00, cadro e corpo técnico, acompañados polo Consello de Administración do RC Deportivo, visitarán o Espacio Avenida de ABANCA.A celebración continuará no Museo de Estrella Galicia (MEGA), na Grela, onde o equipo festexará o ascenso xunto a outro dos grandes apoios do deportivismo.E como non podía ser doutro xeito, o broche final chegará ás 19:00 na Praza de María Pita, escenario de tantas emocións blanquiazules, coa recepción oficial no Concello da Coruña e unha nova celebración xunto a toda ANOSAFORZA.Os logros saben mellor cando se celebran unidos. Este ascenso tamén pertence a unha cidade enteira, a milleiros de deportivistas en Galicia, en España e en todo o mundo que nunca deixaron de crer.