
DÉPOR ABANCA · 17 ABRIL 2026
TÁBOAS ENTRE FC PORTO E DÉPOR ABANCA NUN AMIGABLE DISPUTADO EN PORTUGAL
Nesta segunda semana de parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais, si competiu o Dépor ABANCA, aínda que fose en forma de amigable.O rival das Nosas foi este venres 17 de abril o FC Porto, que milita na Segunda División portuguesa.O encontro xogouse a porta pechada no Estadio Luiz Felipe Meneses na localidade lusa de Olival.Fran Alonso non puido contar coas internacionais Inês Pereira, Espe Pizarro, Hildah Magaia, Lucía Rivas e Redru.

Houbo empate final a 3 goles despois duns entretidos 90 minutos.Eva Dios abriu a conta goleadora do Dépo ABANCA á media hora de xogo.Após o descanso, e co partido costa arriba (3-1), Paula Gutiérrez no 87 e Raquel no minuto 90 asinaron o empate.Ademais, o colexiado do encontro anulou de maneira rigorosa un gol a Marisa xusto antes do tanto de Paula.Deportivo ABANCA: Martina Rivas, Samara, Mariña Artero, Elena, Monteagudo, Henar, Eva Dios, Lía, Ainhoa Marín, Bárbara e Marisa. Tamén xogaron: Antía Veiga, Merle Barth, Raquel, Beira, Olaya e Paula Gutiérrez.


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...